Peny1993's Blog
Just another WordPress.com weblog

AS DIFERENZAS ENTRE OS BLOGS

As redes sociais son espazos na web para o intercambio e a creación de comunidades de todo tipo. É o caso das creadas en plataformas como Facebook , Tuenti, Ning, etc. Mais cada unha delas ten as súas particularidades: así, Facebook é xeneralista, Tuenti é local e está dirixida á xente nova, Ning permite crear redes propias e hai outras verticais especializadas en distintos ámbitos sociais (deportes, negocios, etc.) e profesionais (como Xing).

O caso é que están a ter un éxito indiscutíbel e os usos que facemos nelas non sempre son os adecuados porque podemos descoñecer as regras de xogo e os seus perigos (como proporcionar datos persoais comprometedores) e, sobre todo, empregalas con fins exhibicionistas cando hai moitas outras posibilidades. Pero, cun uso axeitado, poden ser ferramentas útiles, tamén no ensino.

Para exemplificar eses distintos usos, imos comparar a rede do noso instituto, Enredeiras, e mais Tuenti.

  • En enredeiras non podes poñer fotos sen que  chas controlen.
  • Na rede no centro hai que dar os datos verdadeiros, pero no tuenti podes dar datos falsos 
  • En cambio, no tuenti podes poñer fotos sen que chas controle ninguén, hai máis privacidade.

O tuenti eu úsoo para colgar fotos, chatear coas miñas amigas e enviarlles mensaxes. Necesitase un control de cadaquén, non dun administrador

Sen respostas to “AS DIFERENZAS ENTRE OS BLOGS”

Deixar un comentario